viernes, 11 de marzo de 2022

BERRAMOS IGUALDADE E PAZ

Como ben sabedes, esta semana celebramos o Día Internacional da Muller, e para isto inspirámonos na coñecida obra "El Grito", de Munch. Pintaron con acuarela e despois sacamos unhas fotos como bos artistas que somos. Dada a situación actual, decidimos que ademais de berrar pola Igualdade, tamén era importante berrar pola Paz, e o resultado encantounos!!! (Nesta actividade teño que darlle as grazas á profe Marta, unha compi do meu paso polo Cra de Caldas ,que me deu esta idea tan bonita). Tamén participamos na proposta de actividade da Biblioteca de Güino, na que cada aula tivo que facer unha pequena investigación sobre unha muller. Ao noso grupo tocoulle Matilde Ucelay, e así de bonito quedou tamén o resultado!

O luns tivemos a sorte de gozar con Paco Nogueiras!

E hoxe celebramos o aniversario de Lara, que xa cumpre 5 aniños!!!

Por último, déixovos unhas fotos do Entroido, do día do disfraz libre e dos xogos que se fixeron tamén con motivo desta festividade.

Mirade que semana máis completa tivemos!































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario