domingo, 13 de febrero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Este foi o noso primeiro día da PAZ no cole de maiores e para coñecer o significado tan importante desta data partimos de poñer en común o que sabemos sobre esta palabra de tres letras:PAZ.

Alguén nomeou: 

- paloma paz,

- paz pájaro, 

- pez paz,

- bombero que decía paz,

- no hacerse daño,

- es una paloma...

Decidimos poñer un vídeo que nos explicase que é iso da PAZ porque ademais coa cantiga do vídeo... SENTIRÍAMOS A PAZ! e por certo... sería unha pomba a que nos explicase todo o que conleva esta palabra: 

Dímonos conta de que cos sentidos do noso corpo PODEMOS SENTIR A PAZ: estando atentos para axudar, sabendo estar tranquilos cando algo non nos gusta e buscando a mellor solución para arranxalo, abrazando, escoitando aos demais, dicindo cousas agradables aos demais... pero sobre todo deixando que do noso corazón saian palabras fermosas.
O seguinte paso foi xogar coas letras da palabra PAZ despois de picalas, para colocalas na pluma que decoramos coas nosas pegadas e que colocamos formando parte do mural inspirado na escultura "Alas de México" de Jorge Marín. 
Vede todo o noso traballo e con que ilusión fomos decorar este mural compartido.


QUE O NOSO DESEXO DE PAZ: 
"VERNOS SEMPRE UNIDOS NUNHA GRANDE APERTA DE AMOR" 
SAIBAMOS COIDALO E MANTELO CADA DÍA. 

NOTA: En breve publicarase un vídeo no que cada un de nós abrimos os abrazos sobre estas "Alas de México"











No hay comentarios:

Publicar un comentario