sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e desde a biblio do cole Güino invitounos a construír un mundo mellor a través dos libros. Aproveitamos esta invitación para adentrarnos na arte da arquitectura e aprendimos quen deseña as casas e os edificios. Aquí nos tedes aprendendo quen son os arquitectos e facendo os nosos propios deseños.
Para rematar cumprimos co encargo de Güino e construimos un mini-mundo con libros, logo de gozar ollando o libro que a cada un nos tocou. Tamén queriamos construir deste xeito a nosa sabedoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario