viernes, 8 de abril de 2022

Felices Vacacións de Semana Santa

 Hoxe na clase das margaridas tivemos unha pequena sorpresa. Mentras estabamos co profe Xabi en psicomotricidade parece haberse colado un pequeniño coelliño polo colexio e... sabedes que??? 

ERA UN COELLIÑO DE PASCUA!!




Como ao coelliño lle gusta moito os ovos de chocolate e... estas margaridas traballaron tanto este trimestre... o coelliño deixoulles uns cantos ovos escondidos pola clase. 








Estaban repartidos por toda a clase. Unha vez recolectados, repartímolos e gardámolos para poder comelos na merenda, con mamá e papá, os avós,...




MMMM!! QUE RICOS





Con este doce sabor de boca rematamos este trimestre e repoñemos forzas para a recta final deste curso. Ánimo margaridas que xa queda pouco!!

Feliz Pascua para todos vós!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario