domingo, 5 de junio de 2022

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN: BELELLE

A Granxa-Escola Belelle foi o lugar elixido para realizar a excursión didáctica deste ano. Logo de dous anos de parón as mestras xa tiñamos ganas de recuperar esta convivencia cos nosos peques. Nestas saídas aprendemos todos de xeito diferente e moi enriquecedor. Somos alumnos de outros mestres, convivimos coa natureza e compartimos un tempo diferente entre todos. 
Podemos dicir que esta saída resultou maravillosa para todos e penso que os Bombeiros a disfrutaron grandemente. 
Aquí vos vai a reportaxe da mesma.

CADA OVELLA COA SUA PARELLA
E algún que outro nervio que se superou axiña.
Seguro que nas mamás tamén...
PASIÑO A PASIÑO IMOS FACENDO CAMIÑO
Uns campións e unhas campionas.
ACOMODÁMONOS NO QUE SERÍA O NOSO LUGAR DE ENCONTRO
Deixamos as mochilas e os abrigos.

NOS TALLERES: COÑECIMOS ANIMAIS E DÉMOSLLES DE COMER, SEMENTAMOS, MONTAMOS EN PONI E FIXEMOS PAN.
En todos eles gozamos un montón e descubrimos novas sensacións.
Entre medias tivemos que repoñer forzas. Aquí estamos tomando a parva:
E seguimos disfrutando...

Hora de xantar!!. Que riquísimo estaba todo!!
A xornada aínda non rematou...
Satisfeitos e felices polo día vivido dispoñémonos a voltar para o cole e... para a casiña!!.
Non pensedes que estabamos derrotados, que va!!!. "Pedro chosco" so conseguiu pescarnos a dous!. Je,Je!!
Para rematar... aquí tedes a nosa vivencia feita arte:

No hay comentarios:

Publicar un comentario