domingo, 26 de junio de 2022

FELIZ VERÁN!!

Parece que foi onte cando esperabamos na porta do cole para entrar cantando...
"Mira este tren,
que longo é,
sube a este tren,
pasarémolo moi ben".

Estabamos un pouco nerviosos e as cariñas de mamá, papá e algún avó e avoa tamén semellaban preocupadas... Pero xa van alá dez meses!! e... Reto superado para todos no cole de maiores!!. Non si?.
 
O tempo pasa nun suspiro e os Bombeiros medramos un montón en altura, coñecementos e relacións. 

Agora, despois do traballo ben feito, toca descansar e como dixestes estes últimos días... VAMOS DE VACACIONES!!. 
  
Así, desde esta pequena fiestra que é o blog, os Bombeiros e a súa mestra queremos dar GRAZAS e desexarvos a todos un BO VERÁN!.

Nós gozarémolo un montón e colleremos folgos para comezar en setembro un novo curso cheo de ilusión, novas aprendizaxes e vivencias compartidas.

VÉMONOS EN SETEMBRO! como xa miramos no calendario e ata entón...

GOZADE DA PRAIA, DO CAMPO, DA CIDADE... PERO SOBRE TODO DE QUEN MÁIS VOS QUERE, DA VOSA FAMILIA. 


16 BICOS MOI FORTES DA VOSA MESTRA.



NOTA: Por impedimentos varios hai entradas de actividades que aínda estou elaborando e que publicarei en breve coa data aproximada na que foron realizadas, polo que non sairán como primeira entrada de Bombeiros. Se queredes visualizalas deberedes pinchar NO LATERAL DEREITO DO BLOG "ETIQUETAS" NO QUE APARECE "BOMBEIROS (34...)" e aparecerán todas as entradas da nosa aula (2 ou máis por páxina). Para ver as anteriores ao final da última entrada pinchades en "entradas antiguas" e xa van aparecendo. Desculpade o retraso e mil grazas. 

NOTA!!:
ACTUALMENTE AS ENTRADAS DE BOMBEIROS ESTÁN XA ACTUALIZADAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario