sábado, 11 de junio de 2022

SAÍDA PARQUE DO XARDÍN

  Xa está a rematar o curso e, este ano puidemos retomar a nosa tradicional PARVA DE CONVIVENCIA no parque do Xardín. Bombeiros e Margaridas gozaron dunha mañá de xogos no parque e dunha parva ao aire libre. 

Agora, o protocolo permítenos realizar actividades conxuntas e, pouquiño a pouco van interactuando ambas as dúas clases xuntas. Aínda costa un pouquiño xa que despois dun curso sen poder xuntarse con ningunha outra clase, faise un pouco raro poder xogar xuntos pero.... pouco a pouco fóronse soltando e pasámolo XENIAL!! Tanto os nenos e nenas coma as profes. 



HORA DE XOGAR

























 HORA DA PARVA




Para a próxima semana teremos máis sorpresas!!

1 comentario: