viernes, 7 de octubre de 2022

OUTONO E MÁIS!

 Esta semana xa empezamos a facer algunha actividade do outono. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega pedíusenos decorar o corredor de Infantil e así o fixemos (pintamos papel de burbulla con témperas para facer unha mazorca de millo e picamos as follas con punzón). Escribimos tamén un poema relacionado con estas datas. E fixemos tres cadros (un por mesa) coas cores do outono, quentando as pinturas co secador. Gustoulles moito!

Traballamos os números, e entre outras actividades, representamos con depresores o número que nos tocou. Se non sae, sempre hai alguén disposto a axudar!

Unha actividade que lles motivou moito foi a das Palabras Secretas. Cada neno/a ten un sobre co seu nome e dentro hai un debuxo. Cada un colleu o seu e despois escribiron a palabra, contaron as letras buscaron palabras que empezaran pola mesma letra e fixeron o debuxo.

E por último, fomos á bibilioteca, porque Güino tiña a nosa mochila viaxeira preparada para saír de visita ás vosas casas. Unha vez alí, e tendo en conta o que nos gusta a lectura, aproveitamos para ler

un contiño.



























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario