OS NOSOS RECUNCHOS
Nesta entrada quero recoller un pequeno resumo das diversas actividade coas que nenas e nenos gozaron xogando nos recunchos da aula e coas que aprenderon moitísimo ao longo deste trimestre. Quero destacar aquí que seguiremos autoformándonos xa que hoxe en día no mundo global no que vivimos todas as novas metodoloxías están ao alcance dun clic; ademáis queremos dar as grazas á mestra Emilia do CEIP de Bemantes por permitirnos ver como traballaba no seu centro e darnos ideas de como poder implementar algunhas das actividades destes recunchos.
RECUNCHO DA VIDA PRÁCTICA: as nosas margaridas vanse facendo maiores e gañando autonomía. Xa poden axudarnos nalgunhas tarefas diarias como axudarnos a dobrar servilletas, emparexar e dobrar calcetíns,... pero sen olvidarnos que tamén precisan tempo para xogar libremente.
RECUNCHO DA ARTE: o que si teño moi claro é que estes pequenos e pequena sosn artistas en potencia xa que lles encanta debuxar, pintar, manipular, idear, as manialidades,... e deixar libremente voar a súa imaxinación.
RECUNCHO DAS CONSTRUCCIÓNS: mediante estes xogos permitimos que sexan os nenos e nenas os que ideen construccións para xogar con elas : castelos, casas, torres, circuitos,...
RECUNCHO DA LÓXICA-MATEMÁTICA: ademáis de xogar cos números e as súas cantidades, coas grafías ,... traballándooa nivel grupal mediante a metodoloxía ABN, os nosos e nosas peques seguen familiarizándose e reforzando cada vez máis os contidos neste recuncho: sentido do número, a súa estructura e as súas transformacións.
RECUNCHO DOS PUZZLES: a través dos puzzles estamos a entrenar a motricidade fina, mellorando a coordinación óculo-manual, exercitando a concentración e a paciencia, aprendendo a resolver problemas con estratexias e de forma estructurada, algo que se consegue mediante a clasificación repetitiva das pezas.
RECUNCHO DA EXPERIEMNTACIÓN: no que empregamos tanto a mesa de experimentación como a mesa de luz para traballar a manipulación, a experimentación a traverso dos sentidos,...
RECUNCHO DA LECTO-ESCRITURA: seguimos adentrándonos un pouquiño máis na lecto-escritura, comezando a identificar algunha palabra significativa, a escribir palabras, coñecer o son dos fonemas, a identificar as sílabas das palabras,...
O vindeiro trimestre esperarannos novos retos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario