ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: O ESQUELETO MANOLO
ambientando a festa do entroido. Este ano, ímos ir de turistas pero... a onde viaxaremos?
Teremos que agardar ata o xoves para adiviñar a onde viaxan os nosos compis da clase.
1º Mandadiño: algo na cabeza.
2º Mandadiño: roupa apropiada.
3º Mandadiño: algo no pescozo.
4º Mandadiño: bolsa para poder gardar os recordos.
Así de elegantes fóron todas as margaridas de viaxe: uns á praia, outros de exploración pola selva, outros visitar cidades,...
FINALMENTE CHEGOU O GRANDE DÍA: FESTA DO ENTROIDO.
Os nosos e nosas peques estaban estupendos do planeta Terra. Claro está que temos que agradecer primeiramente a participación das familias e dos nenos e nenas no taller de confección de disfraces deste ano, entre todos pasamos unha tarde amena e diferente.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS.
A contiuación, deixovos unhas pouquiñas fotos deste día de entroido, o video do pasarrúas e da actuacións dos nenos e nenas de educación infantil, a parva cos bombeiros e bombeiras e, ao final da entrada, a queima do entroido.
PASARRÚAS:
ACTUACIÓN:
QUEIMA DO ENTROIDO:
E... como era de esperar, entre festexo e festexo aprendimos moitas cousas sobre o entroido galego, os diferentes entroidos segundo a zona de Galicia na que estemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario