viernes, 31 de marzo de 2023

FELIZ SEMANA!

Esta semana estivo chea de aniversarios! Na clase xa hai moitos/as compis que cumpliron 6 aniños! Desta vez tocoulle a Mariña, Luís, Diego e Vega!

E tendo en conta que xa deu comezo a primavera, fixemos impresións solares con papel cianotipo, que consistiu en colocar as flores sobre ese papel, esperar 15 minutos ó sol e despois sacar as flores, meter o papel en auga e deixar secar. Gustoulles moito e quedoulles moi ben! (Graciñas profe Carlota, por seguir compartindo comigo estas ideas tan bonitas!).

Fixemos tamén un recuchiño de sumas primaverais, que por agora aínda non pasamos todos por el, porque leva pouco tempo en funcionamento.

E por último, chegou á nosa aula un xogo de mesa novo, Cubologic, no que traballamos habilidades tan importantes como a atención, a orientación espacial, a observación, a paciencia ou a concentración. É un xogo de lóxica no que a partir de 9 cubos debemos recompoñer as imaxes das tarxetas. Ten varios niveis de dificultade.

E xa para rematar, quería desexarvos a todos e todas que pasedes unha Feliz semana! Vémonos á volta! Unha aperta!






































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario