viernes, 16 de junio de 2023

ANIVERSARIOS E VISITA PRIMARIA

Xa non queda nadiña de cole e esta semana celebramos os aniversarios dos compis que cumpren no verán, aproveitando que Iandel cumpriu anos o xoves.

Xa fixemos a nosa visita ás aulas de Primaria e gustounos moito, sobre todo porque coñecemos moitos nenos/as e tamén porque algúns teñen irmáns, así que en principio a cousa foi ben. Agardo que en setembro sexa igual. Onte ao rematar a festa da auga tamén visitamos o patio de Primaria.

En canto á reunión do pasado martes, un pequeno resumo:

Tranquilidade para o paso a Primaria, porque se adaptarán ao ritmo e as mestras son conscientes que o alumnado vén da etapa de Infantil.

Para o verán van levar un pasaporte e un billete a Primaria, deberán traelo cuberto o día 11 de setembro (día de inicio das clases).

Lembrade que vos avisarán para escoller inglés/francés e que a eleccción é para toda a etapa de Primaria.

O primeiro día espero poder estar eu para recibilos.

As fotos, intentarei subilas o luns a drive (mandarei un Abalar), tamén van as da festa da auga que decidimos en ciclo non publicar nos blogs. Se alguén prefire que llas garde nun pen drive que me avise ou o mande polo alumno/a, que llas paso sen problema.

























































No hay comentarios:

Publicar un comentario