Os nenos, as nenas e a mestra da aula dos Bombeiros rematamos hoxe un curso cheo de vivencias. Xuntos axudámonos, aprendimos, experimentamos, coñecimos e gozamos. Toda a nosa contorna nos AXUDOU A MEDRAR e vós, papás e mamás, tivéchedes de novo unha implicación esencial.
No ecuador desta etapa merecemos un descanso no que aproveitar para repoñer forzas e cargarnos de enerxía porque... IMOS SER... OS MAIORES DE INFANTIL!.Grazas peques por un ano máis cheo de cariño!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario