miércoles, 22 de noviembre de 2023

NOVOS RECUNCHOS

    RECUNCHOS

 Hoxe estreamos novos recunchos. As propostas parece que conseguiron captar o seu interese e, con elas traballaremos moitísimos conceptos.


RECUNCHO ABN: Seguimos reforzando as sumas, esta vez mediante unha pirámide (dámoslles os números da base e, teñen que completar o resto dos bloques da pirámide mediante sumas) e tamén comezamos a traballar coas táboas de dobre entrada (introducimos aos nenos e nenas nesta linguaxe gráfica que lles axuda a desenvolver a observación e o razonamento lóxico).



RECUNCHO XOGOS DE MESA E PUZZLES: nesta ocasión centrámonos en tres xogos de mesa relacionados co outono (escaleira, lince do outono e xogo do outono), con eles os nenos e nenas aprenden a esperar turno, contar, gañar e/ou perder,...




RECUNCHO EXPERIMENTACIÓN: seguindo coa temática do outono podemos manipular, clasificar, seriar, deixar voar a imaxinación con froitas do outono como a castaña, a landra,... follas destas árbores,...



RECUNCHO LECTO-ESCRITURA: nesta ocasión contamos con  dous xogos novos para seguir traballando a conciencia silábica. O primeiro é dividir e contar as sílabas dunha palabara e poñer tantas pinzas coma sílabas e, o segundo é agrupar as imaxes que riman.



RECUNCHO VIDA PRÁCTICA: Coa chegada do outono, a choiva, o barro,... as katiuscas mánchanse. Por este motivo, no noso recuncho da vida práctica imos aprender a limpar unhas katiuscas: auga, xabrón, esponxa,... 



RECUNCHO ARTE: comezamos a coñecer a ARCIMBOLDO e as súas obras artísticas. Unha dela é "O outono de Arcimboldo", partindo do cal ímos xogar a crear caras con diferentes froitas relacionadas con esta época do ano.



RECUNCHO CONSTRUCCIÓNS: xogo libre coas construccións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario