Hoxe Bombeiros e Margaridas fomos visitar a Biblioteca Municipal!.
Moitos e moitas xa ídes asiduamente a realizar préstamo de libros nela pero hoxe estaba un pouco diferente. Preparada para recibirnos e... INVENTAR O NOSO PROPIO CONTO. Entre todos, escollimos as personaxes, os espazos onde se desenvolve a historia e a trama da historia. A encargada da biblioteca faranos chegar o conto ao cole nuns días.
Puidemos coñecer as mascotas desta biblioteca, UN DRAGÓN que vivía no Torreón e UNHA OSIÑA que vivía nas Fragas do Eume.

E, por suposto, nunha biblioteca non pode faltar o momento de gozar ollando e lendo libros. Pasámolo xenial e.... conseguimos uns carnets de expertos lectores.
Wuau!!. Un libro de Ansufati!. Hoxe sen falta fágome socio de biblioteca municipal!!
E para rematar a mañá, tomamos a parva ao aire libre aproveitando o soliño na Praza do Conde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario