sábado, 6 de julio de 2024

LECTO-ESCRITURA DIVERTIDA

 A profe Lidia e máis eu desexamos que Margaridas e Bombeiros, xunto coas vosas familias, esteades gozando xa do verán.

Como vos comentamos na última reunión da etapa deixamosvos por este medio:

- Un enlace á lista de reprodución dos contos, bailes e grafía das letras.

- Un caderniño de práctica de lectura, escritura e debuxo que podedes descargar.


Sempre poderedes recurrir a eles para refrescar ou practicar o aprendido.


BIQUIÑOS SUPER FORTES DAS VOSAS MESTRAS: LIDIA E DÁMARIS.


CLICA NA IMAXE


sábado, 1 de junio de 2024

VISITA A RESIDENCIA DE MAIORES "AS FRAGAS"

Para rematar o proxecto "A OCA DOS NOSOS MAIORES" proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística este curso e dentro da dinámica socio-comunitaria  "Aprendizaxe Servizo", dúas aulas de infantil e dúas de primaria visitamos aos nosos maiores. 

Este venres os Bombeiros desprazámonos á parroquia de Vilar para visitar aos nosos maiores e agasallalos cun XOGO DA OCA personalizado. (Agradecemos ao Concello de Pontedeume o ofrecemento do autobús para trasladarnos ata alí).

Aínda que o percorrido foi curtiño a ilusión coa que viaxaron os nosos peques notouselles desde que chegaron e foron recibidos pola terapeuta ocupacional do centro e a directora do mesmo que nos diron a benvida e nos presentaron ás persoas maiores que alí se atopaban. 

Comezamos presentándonos como aula e individualmente e os maiores máis atrevidos tamén o fixeron. Alí coñecimos a María, Carmen, Prudencio, Neli e moitos máis... 

Xuntos repasamos as casiñas máis tradicionais da oca e as elaboradas polo alumnado do noso cole. Encantoulles lembrar con elas tradicións coma os Maios ou o Magosto, entoar cantigas de maio, falar do colar de zonchos, contarnos cousas dos xogos da sua infancia, lembrar que na escola non se deixaba falar galego, facer unha demostración dunha das casiñas, a da conmemoración do Día da Discapacidade (Teresa amosounos como se despraza grazas a sua cadeira de rodas eléctrica, e María co seu andador), recoñecer noutras casiñas monumentos emblemáticos de Pontedeume como a Ponte de Pedra, a Ponte de Ferro, a fonte do Pilón e lembrar algúns dos úteis que utilizamos no traballo escolar (goma, afíalapis, caderno...).

E despois disto A XOGAR!. Ensinámoslles a xogar á nosa oca e nós aprendimos a xogar ao dominó "de maiores". Gozamos moito pero aprendimos aínda máis

Pasámolo moi ben e ata nos invitaron a unha pequena parva de galletas, chocolatinas e zume. Ensináronnos o estanque no que alimentan aos peixes e un pequeno horto, adaptado en altura, no que cultivan unhas fresas riquísimas. 

Como agradecemento e antes de marchar invitamos aos nosos maiores a cantar xuntos a nosa cantiga de maio "Seresín, seresán".

Mil grazas e ata a próxima!
Algún de nós encariñouse moito cun avoiño e, como non, ese agarimo foi correspondido. Que te llamen ¡ABUELO! enternece un montón...

Finalmente recibimos un agasallo individualizado cun fermoso consello para cada un de nós que... nos chegou á alma. Sen dúbida que o teremos moi en conta. 
MIL GRAZAS!!

jueves, 30 de mayo de 2024

VISTA AO CENTRO DE MAIORES

 "A OCA DOS NOSOS MAIORES"

Este luns, como remate do proxecto "A oca dos nosos maiores" proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística este curso e dentro da dinámica "Aprendizaxe Servizo" visitamos aos maiores da Residencia Nosa Señora das Virtudes .

    Nesta visita obsequiámolas cun Xogo da Oca moi especial xa que foi elaborado por todo o alumnado do CEIP Couceiro Freijomil representando as casiñas orixinais deste xogo e adaptando outras ao noso contexto escolar: cos materiais que soemos empregar no noso día a día na escola (cores, caderno, afialápis...), coas festividades e conmemoracións que realizamos no cole (día da paz, entroido, maios...) e así como algún lugar representativo de Pontedeume (a ponte de pedra, a fonte do Pilón, o albergue de peregrinos...).


    Pasamos un rato moi agradable cos nosos maiores. Explicámoslles o contido das diferentes casiñas e quixemos saber se coñecían algunhas das celebracións presentes nas mesmas. Tamén conversamos con elas para saber como eran as súas vidas cando eran pequenas (se ían á escola, a que xogaban, en que traballaban xa de maiores...). Gustounos moito coñecer cousas tan interesantes como que algunha muller fora mestra, outra traballara nunha fábrica de conservas, outra sacara o carnet moi noviña e ía vender peixe a lugares lonxanos, as pelotas coas que xogaban estaban feitas con trapos e tamén xogaban coma nos ao pilla-pilla, á corda, ás canicas e... tanto nenos coma nenas. 

    Para rematar animámolas a xogar á nosa "OCA" e como Sor María José, unha das responsables da residencia, tiña unha bolsa de "CANICAS", elas foron as encargadas de ensinarnos a xogar, colocando ben os nosos dediños, por suposto.
    Agradecemos que nos agasallasen coa bolsa de canicas coa que xogamos. Agora tócanos practicar no noso patio de terra aproveitando o bo tempo que se aproxima.
    Como despedida cantámoslle unha das cantigas que soíamos cantar nas asambleas "SOMOS AMIGOS" porque agardamos que "Cuando pasen muchos años, y seamos ya mayores, me gustaría... ser amigos como hoy".


sábado, 11 de mayo de 2024

VISITA A MARCELLE

 Por fin chegou o día máis esperado deste curso: A EXCURSIÓN A MARCELLE.

Un día de convivencia con todos os compañeiros e compañeiras de educación infantil e, que mellor maneira que rodeados de natureza e animais?

Para gozar un chisquiño máis e coñecérmonos mellor, antes de saír, as mestras convidáronnos a mesturarnos e escoller compañeiro ou compañeira para ir no bus. Compartimos ruta moi felices e unha vez en Marcelle pasamos a chamarnos "OS SURICATAS".
Todos con cinto!!
Vímos moitísimos animais e aprendimos cousiñas moi interesantes de cada un deles, ademáis de algunha cantiga que nos ensinou a nosa monitora Alba. Non puidemos sacar moitas fotos porque non estaba "permitido" pero xa que algunhas veces non coincidimos con ningunha outra persoa... Alba "deixounos" sacar unha pequena mostra da nosa estancia en Marcelle. 

MOITAS GRAZAS ALBA POR GUIARNOS TAN BEN NESTA VIAXE POR MARCELLE E O MUNDO DOS ANIMAIS!

Por suposto, non podía faltar o noso xantar. Demos boa conta del porque o día prestouse para "patear" todo o parque. 

UMM!! RIQUÍSIMO TODO!!






Xa de volta á casa!!. Como gozamos e canto aprendimos e ademáis seica nos portamos super ben e aínda que estabamos algo cansos, a maioría, aguantamos o camiño de regreso case todo o tempo espertos, cantando ou conversando. 









XA ESTAMOS PREPARADOS PARA OUTRA!!