Aproveitando a temática do P.D.I. de centro e a correspondencia que nos chega desde Illa Fantasía, celebramos este día poñendonos mans á obra para construir una enorme cabo que nos una a ese territorio somerxido nos mares de Illa Fantasía.
Este cabo fixémolo con rolos reciclados que pintamos de cor violeta e aos que lles escribimos unha frase escollida por cada grupo de clase. Finalmente Astronautas e Elefantes unimos os tres cabos de cada aula formando o longo cabo do nivel de 4 anos.
Estámonos a referir a Isótita (que en grego significa igualdade). Alí as relacións entre todos os seus habitantes están rexidas pola liberdade, o respecto e o amor.
Liberdade, respecto e amor son as cualidades que temos que poñer en práctica nas nosas relacións de cada día.
E que mellor, para aprender a convivir, que imaxinar que somos cadaquén unha pequena burbulla similar á cúpula de Isótita, transparentes e diferentemente iguais (home, muller, neno, nena, como na realidade).
O noso contacto ten que ser sempre: suave, delicado, agarimoso e nunca un máis forte ca outro, nin un máis violento que o outro.
Exemplificamos todo esto, facendo entrega a cada titoría de cadansua burbulla, coas fotos dos nenos e nenas de cada aula para que a titora ou titor lembrase o bo trato que debemos ter uns cos outros e... se xorde algún conflito, poder lembrar o sensible que "somos" as burbullas e as tres verbas que non podemos esquecer xamais: liberdade, respecto e amor.
Todo isto resumímolo nun fermoso acto no corredor principal do cole, bailando ao final todos xuntos, ao son da cantiga "Vivir" de Rozalen e Estopa que estivemos ensaiando na clase de música. Aquí tedes os carteis de cores nos que aparecen escritas as tres palabras que nos pareceron máis significativas de toda a canción e a lectura feita neste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario