miércoles, 4 de diciembre de 2019

CLUB DAS LETRAS: BOLOBO

Traballando co PDI "No Couceiro pola igualdade", este trimestre concretamente abordamos a diversidade e una das actividades, enmarcada tamén no Club das Letras, foi a lectura do conto "Bolobo". 


En primeiro lugar analizamos a portada e a contraportada, falando do que aparecía, de cómo eran os personaxes… mais en ningún momento os nenos e nenas viron a Bolobo "diferente". 

Limos o conto moitas veces porque lles encantou. Falamos sobre o que conseguía Bolobo, da superación, de ser capaces...valorando a importancia de intentar as cousas.

Vivenciamos cómo nos sentiríamos se non tiveramos brazos, como Bolobo. Demos apertas e pintamos nun papel, collendo un rotulador coa boca. Comprobamos que era complicado pero que o podíamos conseguir!!! 








Como o conto tiña que viaxar polas demáis aulas de infantil decidimos pintar a Bolobo para así quedar con nós e velo sempre, recordando as cousas importantes que aprendimos con el. 







Pronto vos sorprenderemos con algunha cousiña máis!! 






1 comentario: