miércoles, 13 de noviembre de 2019

COMEZANDO O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI)

Güino desde o Xardín do Pasatempo, como cada comezo de curso, convidounos a investigar. Desta volta enviounos unha carta na que nos pedíu a nosa colaboración para poñer título ao proxecto deste ano. Antes deberiamos descubrir o significado duhna palabra relacionada co proxecto e que logo formaría parte dun encrucillado xigante. 

Así que, Astronautas e Elefantes puxémonos... mans á obra!.


A palabra sobre a que tivemos que pescudar foi: DISCAPACIDADE.

O primeiro foi reflexionar  e poñer en común as nosas ideas previas: 
- Que poderá significar esta palabra tan longa?. 
- Parécesenos a algunha outra palabra?.
Comprobamos que escribíndoa e léndoa soaba como outra palabra coñecida CAPAZ.
- Pero... que era iso de "capaz"?. 
- E algunha de nós dixo: "poder facer algo".
Aquí xa as profes nos explicaron que se lle poñemos diante o DIS quere dicir 
NON SER CAPAZ DE FACER ALGO.
pero... non porque non queiramos facelo senón porque algo no lo impide.

Foi entón cando nos dispuxemos a visualizar a curtametraxe animada "CUERDAS" do director e guionista Pedro Solís que, baseada en feitos reais, nos axudou a entender á perfección o que significa esta palabra.
A situación de Nicolás deunos a oportunidade de dialogar sobre persoas coñecidas (avóas, veciños...) que tamén necesitan da axuda de cadeiras de rodas, bastóns, muletas... ou de outras persoas para moverse ou facer cousas moi diversas na sua vida diaria.


Así que "metímonos na pel" dunha persoa cega. Aquí nos tedes CONFIANDO NA AMIGA e CONFIANDO NO AMIGO para acadar o noso destino. Comprobamos, entre outras cousas, que os  sentidos do oído e do tacto nos axudan moitísimo para conseguir o obxectivo.




Unha vez na clase e moi ilusionados plasmamos gráficamente o que máis nos gustou da película "CUERDAS".
Pero... aínda tiñamos que pensar unha frase-eslogan, relacionada co traballado, para poñerlle título ao PDI.

Foi unha experiencia compartida, como xa fixeramos noutras ocasións Elefantes e Astronautas,  realmente preciosa que nos axudou a interaccionar unhas cos outros e viceversa, a coñecernos un pouquiño máis e sobre todo a aprender xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario