Coa chegada dunha carta que nos enviaron desde Illa Fantasía comezamos a pintar de cor violeta o rolos de papel que, atados por un cabo, unirían o noso cole con Isótita (que significa igualdade). Unha vez pintados pegamos corazóns de amor e cariño para as nosas persoas especiais (papás, mamás, avós, avoas, curmáns, amigos...). Metimos todos os rolos polo cabo que nos uiniría a Isótita.
E o noso gran cabo quedou unido ao dos demáis compañeiros e compañeiras do cole, chegando así ata Isótita.
O luns 25 bailamos e cantamos a canción "Vivir" tod@s xunt@s!! As sereas aportamos ao baile uns carteis co signo de interrogación e caras que expresan sentimentos e emocións positivas contra a violencia!!!
Foi un día moi bonito e cheo de emoción!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario