Estes días estivemos moi ocupados facendo actividades relacionadas co 25-N, que como xa sabedes, se celebra o día contra a violencia de xénero.
Primeiro chegounos unha carta de Illa Fantasía, na que o Mago Alfa nos contaba que a Serea Saladina se cortou cunha lata de conservas no Arrecife de Corais e tivo que ir a Isótita para que a curara Mariana, que o fixo enseguida, pero está moi preocupada por todo o lixo que se tira ao mar... Dicíanos tamén, que se queremos celebrar o 25-N, ao igual que se fai na Illa, tiñamos que empregar obxectos reciclados, de cor violeta e escribir mensaxes contra a violencia. Así o fixemos, para construir entre todos un cabo que una Illa Fantasía coa nosa escola, e as nosas palabras formarán parte do Grande Libro da Illa.
Nós facemos caso a todo o que nos mandan da Illa, así que aquí vos deixo o noso traballo.
Ao final dos fotos, hai un vídeo que fixemos na aula relacionado tamén coa celebración que nos ocupa (e aproveitando a canción que bailamos hoxe tod@s xunt@s no corredor do colexio). Espero que o disfrutedes!
Todos os días!!!💑💜💜💜👏👏👏
ResponderEliminar