Lembrades que na anterior entrada vos contabamos que Güino nos invitou a investigar sobre o significado da palabra DISCAPACIDADE?
Elefantes e Astronautas queremos mostrarvos que SIGNIFICA esta palabra e mellor... observade por vos mesmos a nosa arte e da nosa expresión escrita:
Pero aínda non remata aquí o noso traballo, xa que despois elaboramos as etiquetas para cada unha das "13 letras" desta palabra e... que mellor maneira de facelo que decorando cada letra con CUERDAS!.
Aquí nos tedes colocando A NOSA PALABRA NO ENCRUCILLADO TEMÁTICO do novo Proxecto!.
Va que nos quedou chula?
E como remate... o último desexo de Güino: elaborar un TÍTULO para o noso proxecto de centro.
Aquí o alumnado de cada aula e poñéndonos de acordo, decidimos unha frase bonita e significativa que agrupou os sentimentos e pensamentos xurdidos de toda a nosa investigación previa.
Logo de explicarlle á outra clase o que puña a frase escollida, pegámola na parede da entrada para que a poidan ver todos os compis do cole, o profesorado e as familias.
Estes son títulos propostos por Astronautas e Elefantes:
E para rematar... chegou o día de decidir!.
Todas as aulas do cole propuxeron o seu título para o P.D.I e despois de baixar á entrada principal para contrastar as propostas, cadaquén elixíu o título que máis lle gustou. Pero... como poñerse de acordo para escoller un, co fermosos que eran todos, resultaba un pouco complicado propúxosenos realizar unha VOTACIÓN.
Realizámola o día 24 de outubro. Co noso carné (da Biblioteca de Güino) nunha man e coa papeleta do noso voto na outra, dirixímonos á mesa electoral para participar na máis importante votación do ano no Couceiro Freijomil.
Ao finalizar a xornada procedeuse ao reconto dos votos, saíndo elexido como título do Proxecto Documental Integrado do noso centro para este curso: "NO COUCEIRO POLA IGUALDADE".
No hay comentarios:
Publicar un comentario