viernes, 15 de noviembre de 2019

OS PIRATAS E O OUTONO.

Na clase dos piratas descubrimos que tiñamos unha mesa sensorial.
Como estamos a traballar cos diferentes elementos do outono, decidimos que sería boa ida utilizar esta mesa manipulando estos froitos, así como coñecer as súas características. 

Comezamos coas follas que recobren o millo… manipulamolas e despois fixemos longas tiras que utilizamos para decorar os nosos ourizos que temos expostos no corredor de infantil.
Despois foi o turno das mazorcas…eran de diferentes cores… e descubirmos como se chaman as de cor vermello…. chámanse REINAS.


Descubrimos que unhas son mais grandes que outras, que podíamos clasificalas por tamaño e cor, que os seus granos eran diferentes e que podíamos utilizalas para moitas cousas.. 

Como por exemplo, cantar as cancións que aprendimos...
















Unha compi contounos que foi á horta dun familiar e colleu mandarinas, limóns e mazás… e trouxonos algunhas á nosa clase para tocalas, ulilas e contalas… qué divertido isto da mesa sensorial.








Ademáis, tamen manipulamos froitos como as castañas e as noces. As castañas son as que se comen na festa do… MAGOSTO, e ben ricas que estaban. Para celebrar o magosto, elaboramos un portacastañas como xa é tradición no noso cole.






1 comentario: