Estou impresionada do ben que o fixeron e das cousas bonitas que escribiron! Lembraron os Mómaros, os cochitos, as noites estreladas, as Fragas do Eume, o tren sobre a ponte de ferro... e tamén que pode vir tranquila no seu Galeón. O Mouchiño Danielle quixo contarlle que sabe falar sueco (ou iso nos dixo el...!).
sábado, 16 de noviembre de 2019
ILLA FANTASÍA
Os Mouchiños estamos moi contentos de participar no proxecto de Illa Fantasía! O cole leva xa varios anos con el en marcha e está funcionando moi ben. Un dos obxectivos principais é a motivación e animación á lectoescritura (contan que cada vez que un neno/a aprende a ler ou escribir nace un novo Unicornio en Illa Fantasía) ademáis de moitos outros, tales como reciclar, promover a igualdade ou fomentar o uso da lingua galega. Para isto, na aula recibimos cartas nas que se nos propoñen retos a través de diferentes personaxes. Esta semana chegounos unha carta na que Deva, a mestra de Isótita, nos propón escribirlle á Pirata Mariana, falándolle sobre o noso pobo e onde pode atracar o seu Galeón dourado, o Stella Maris. Se o facemos moi ben, virá a visitarnos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Están moi ilusionados con Illa Fantasía, creo que é un proxecto que lles axuda a aprender divertíndose que é o importante!!! E a pirata Mariana xa é unha máis da familia así que si ven de visita acollémola encantados 😃😃
ResponderEliminarQue interesante!!👏👏👏👏
ResponderEliminarA ver se pode vir Mariana...Siii, motívaos moitísimo! Como xa dixen, impresionada do traballo que fixeron!!! Hoxe chegounos outra carta! Xa vos iremos contando en próximas edicións, jeje.
ResponderEliminar