Estamos no outono, tempo de figos, cabazas, uvas, cogumelos e, por suposto, castañas. Tempo de celebrar o MAGOSTO, coller os nosos portacastañas traídos da casa e un batido e xuntarnos todos na aula de psicomotricidade a degustar as castañas asadas con todos os compis de infantil. Un ano máis, o tempo impediunos gozar desta festa ao aire libre coas familias pero, aínda así, non conseguíu impedir a nosa festa.
Despois de degustar as castañas, tocou bailar o PEÓN. Isto é ben compricado!!! Enrolar o cordón, lanzar o peón e, aínda por riba, que baile. Menos mal, que tivemos a axuda dalgún compañeiro maior que sí que saben bailar o peón e explicáronnos como facelo...
Deixovos tamén o video da celebración de todo o cole para que vexades que ben o pasamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario