A primeira festa tradicicional deste curso que celebramos no cole é o Samaín. Pon fin ao solsticio de verán e da comezo ao solsticio de inverno.
Este curso desde o equipo de dinamización lingüística propúxosenos a actividade "Queimando os nosos medos". As nenas e nenos da clase dos Astronautas pensamos en cousas que nos dan medo ou non nos gustan moito, así que como podedes imaxinar saíu de todo: medo á escuridade, medo á tormenta, medo ás arañas de verdade e de xoguete, aos tiburóns, aos vermes vermellos, aos dragóns e ata aos enfados...
Debuxamos os nosos medos e metímolos nun sobre-gaiola preparado para o efecto e... logo do recreo acompañados do resto do alumnado do cole procedimos a facer a nosa "Queima de medos" a canda a lectura do conxuro para que os nosos medos desaparezan por "sempre xamais".
Durante esta semana tamén poidemos gozar da lectura-baile que nos fixo a profe de música titulada "A figueira de Pelostortos" e ademais os maiores do cole viñeron á aula de psicomotricidade facernos unha representación do conto.
Tivemos a xa tradicional exposición de cabazas. Maravillosos traballos que coa axuda das familias luciron no corredor principal, na primeira planta e finalmente na entrada do cole.Hai que ver que artistas sodes!. Noraboa familias! e infinitas grazas pola vosa colaboración pero sobre todo polo rato que o voso fillo ou filla gozou con vos facendo este traballiño. Estas cousas son as que non se esquecen xamais.
E para rematar a semana so nos quedaron as "Lecturas a escuras". Un anaquiño da nosa xornada adicado a ler un conto terrorífico caracterizados para a ocasión, coas galas propias do día e iluminados coa luz das nosas lanternas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario