lunes, 4 de noviembre de 2019

SAMAÍN











Chegou a noite máis meiga do ano, noite na que os espíritus dos difuntos poden camiñar entre os vivos e así, poder reunirnos cos nosos antepasados falecidos.


Falamos do Samaín, unha festividade de orixe celta que forma parte da tradición máis enraigada e enxebre da nosa terra. Conta a lenda que os druídas preparaban pócemas esta noite e  acendían fogueiras en diferentes puntos do poboado para espantar os malos espíritus. Este ano, nós fixemos tamén un pequeno conxuro para espantar os malos espíritus e desterrar os medos do noso interior. Cada neno e nena escribiu e debuxou  nun papel un dos seus medos, xuntámolos todos e, queimámolos no patio do colexio mentras os máis maiores recitabn o conxuro.






VOTAMOS FÓRA TODOS OS MEDOS!!



 





















Outra das tradicións deste día é coller unha cabaza, vaciala, esculpir nelas calaveiras que diran medo e porlle unha vela dentro. Como era de esperar, nós tamén trouxemos da casa as nosas cabazas decoradas coa axuda da familia. Algunhas daban verdadeiramente medo!!







 O cole encheuse de terroríficas criaturas como meigas, esqueletos, zombies, piratas, vampiros, demonios,... QUE MEDO!!!


























E, con estes seres fantásticos no cole, a hora do conto tamén se fixo entre tinieblas e oscuridade, respirábase un aire tenebrosooooooooo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario