jueves, 5 de diciembre de 2019

AFONDANDO NO PDI

Elefantes e Astronautas comprendemos perfectamente o termo DISCAPACIDADE, introducíndoo no noso vocabulario;  polo que agora, é o momento de coñecer casos reais de persoas con discapacidade motórica e relacionarse con eles. 
Contamos coa visita de DAVID MOURIZ (Narón, 31 de diciembre de 1982) que a causa dun accidente quedou paralítico pero, fixo da cadeira de rodas a súa aliada e do baloncesto a súa paixón converténdose nun grande xogador de baloncesto e formando parte da selección española de baloncesto en cadeira de rodas. GRAZAS POLA TÚA VISITA E POR COMPARTIR A TÚA HISTORIA CONNOSCO.



















Avanzando, avanzando... chegamos á semana do 3 de decembro (DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE). Astronautas e Elefantes puxémonos mans á obra e realizamos un mural conmemorativo coa colaboración dos compañeiros e compañeiras de todo infantil que colocamos na porta do cole.
Quixemos aparecer todos baixo ese paraugas e aquí nos tedes.























No mural podemos ler  "BAIXO O MESMO PARAUGAS", eslogan que tamén acompañou o acto que tivo lugar na praza de María Pita de A Coruña para conmemorar dito día.

Por outra banda, puidemos compartir un tempo cos membros da asociación ASPACE (clicando neste enlace accededes á páxina na asociación e no seu facebook agradeceron a nosa invitación) (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral). Visitáronnos cinco membros desta asociación con paralise cerebral (igual que Nicolás, o protagonista da curtametraxe "Cuerdas") que nos presentaron o programa "Yo como tú"! explicándonos o seu día a día e como hai xente que non pode falar pero si comunicarse doutros xeitos, incluso cun ordenador ou con taboeiros individualizados con pictogramas.










Matizar igualmente que o noso centro quixo sumarse á eliminación das barreiras arquitectónicas e para este día tivemos preparada unha rampa que permitíu o acceso dos membros de ASPACE á tarima do noso salón de actos. 

GRAZAS POLA VOSA VISITA, APRENDIMOS MOITO DE VOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario