jueves, 12 de diciembre de 2019

VISITA DA PIRATA MARIANA

Hoxe tivemos unha visita moi especial! Cando chegamos de Psicomotricidade, a Pirata Mariana estaba entrando na nosa aula. Fíxonos algunhas preguntas e tamén nós a ela. Explicounos que ainda que viña en cadeira de rodas, pode facer moitas cousas, incluso xogar ás agachadas! Insistiunos moito na importancia de coidar o mar  e de botar o lixo nas papeleiras.
As nenas e nenos escoitaron con moita atención, así que a Capitá deixoulles tocar a súa bola máxica para converter a tódolos Mouchiños en Piratas!!!
Foi moi emocionante.
Déixovos unhas fotos da nosa mañá.










2 comentarios: