Este trimestre os Astronautas máis noviños cumprimos 4 aniños. Como pasa o tempo!.
Cada un de nós, cargando coa esfera, viramos ao redor do sol tentando comprender o paso dun ano: das estacións, dos meses, dos días, das horas e dos minutos... (como en realidade o fai a terra) a vez que con cada volta prendemos unha candea segundo o ano que cumprimos e colocamos a foto correspondente a cada ano cumprido.
E para aprender... que mellor que unha cantiga. Escoitade!
E desde setembro, co novo curso, volvemos repetir esta emotiva celebración de aniversario pero xa, con unha soa foto correspondente ao ano que cumprimos (con todas elas completaremos un fermoso recordo que levaremos ao graduármonos en Educación Infantil) e escollendo unha poesía que nos gusta sobre o número 4 e que recitamos todos xuntos na celebración.
E así os homenaxeados deste trimestre foron:
HÉCTOR, CANDELA, ADÁN, LEIRE e JANGSHENGRUI.
Parabéns pequerrechos e... a seguir medrando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario