sábado, 21 de diciembre de 2019

BO NADAL E FELIZ ANINOVO


XA CHEGOU! XA ESTÁ AQUÍ!
VIVA O NADAL!



Coa entrada do mes de decembro e a chegada das primeiras máns decoradas por vós cos vosos fillos ou  fillas comezou a respirarse, pouco a pouco, aire de Nadal. Cheo de emoción e de nervios cos preparativos para o festival, ensaios e máis ensaios, para que todo saíse perfecto e puidésedes desfrutar da actuación estelar dos vosos fillos e fillas, danzando a panxoliña "Unha pouca roupiña"





























Por fin chegou o día do festival. Pasámolo xenial todos xuntos e, aínda que con algún nervio, todo saíu pefecto. Parabéns Elefantes!!







Mirade o vídeo! Mirade que ben bailaron!!





Pero... esperade... porque aínda non acabaron as sorpresas. O venres tivemos unha visita moi importante. Os paxes reais viñeron recoller as cartas que escribimos para as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, cartas cargadas de vos desexos para estas festas e para o vindeiro ano (un Nadal para estar en familia e cos amigos,  un Nadal cheo de amor, adornos, panxoliñas, felicidade...)









Para rematar o trimestre, unha saborosa merendola con todos os compis de infantil xuntos. BO PROVEITO!!







Aproveito esta derradeira entrada do ano para desexarvos un Feliz Nadal e un Ano 2020 cheo de ledicia, saúde e amor.

FELICES FESTAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario