viernes, 24 de enero de 2020

NOTICIAS DA ILLA E MÁIS

Esta semana tivemos  novas da Illa, que nos chegaban da man da Capitá Mariana. Nesta nova carta, contábanos que no Pico das Bruxas estaban tendo problemas cun barco encallado nas rochas, e que estaba vertendo combustible ao mar. Isto é obra da Malvada Bruxa Morgana, que é capaz de formar tormentas para afundir as embarcacións que se achegan á costa. Por iso a Pirata Mariana precisa da nosa axuda, xa que debe chegar co seu galeón, o Stella Maris, ao Pico das Bruxas, así que a nosa misión é axudarlle a crear unha cúpula de luz que manteña afastada á Bruxa Morgana, xa que esta só ten poderes na escuridade. E para que este escudo protector perdure no tempo, debemos escribir palabras bonitas, palabras de luz, cheas de amor, paz e alegría para o día 30 de xaneiro, e poder vencer todos xuntos e todas xuntas á escuridade.
É por iso que en cada aula temos un cachiño da onda xigante que colocaremos no corredor da escola, e na que elaboramos a nosa palabra para o día da Paz. Cada un pensou nunha palabra que despois escribimos nuns barquiños de papel, e logo de falar do que significa a Paz, decidimos que a que máis nos gustaba era "apertas", así que nos puxemos mans á obra, e o resultado non poido ser máis bonito.





























Ademáis, a proposta destes días de inverno é a elaboración dunha folerpa de neve. Quedaron todas ben bonitas. O Mouchiño Mauro explicounos que a súa estaba metendo un gol na portería (a imaxinación ao poder!)










No hay comentarios:

Publicar un comentario