Elefantes e Astronautas embárcanse nunha nova aventura!.
Comeza a viaxar o MALETÍN ABN!.
Comeza a viaxar o MALETÍN ABN!.
Pero... que é iso do Maletín ABN?
O Maletín ABN o novo recurso deseñado polas mestras Dámaris e Lidia co fin de seguir afianzando a relación familia-escola e achegar un pouquiño máis á casa todo o traballo que se realiza nas aulas. Ao mesmo tempo tentamos compartir coas familias actividades traballadas polo alumnado de cara á estimulación da destreza matemática e que dado o seu desenvolvemento poden gozar en familia.
Os algoritmos basados en números (ABN), tal e como expón o seu autor Jaime Martínez Montero no seu blog Algoritmos ABN, amosan que é posible calcular doutra maneira: máis motivadora, máis fácil, máis conectada co pensamento das nenas e nenos, máis adaptada ás súas futuras necesidades e, en definitiva, máis eficaz para que o alumnado acade a competencia matemática.
Tanto os docentes coma as familias podemos utilizar este método. Con él rematan as tarefas repetitivas de cálculo, as aprendizaxes matemáticas sen sentido e a aprendizaxe memorística vacía.
O maletín estará na casa de xoves a luns, ambos incluídos. Terá que ser devolto o martes. Dentro del hai varios xogos coas instruccións para xogar con eles e pasar un ratiño agradable en familia. Non é preciso xogar con todos pero recomendámosvos botarlles unha ollada para ter novas ideas de xogos para a casa.
É moi importente coidar os materiais e supervisar que estén todos, que non se perdan nin se deterioren, para que o maletín poida viaxar a outra casa en perfectas condicións.
Antes da súa partida, fixemos un recoñecemento do contido do maletín, do seu uso e das normas que o acompañan. Preparámolo todo e comeza a viaxar ás primeiras casas!. Desta volta, na aula dos Elefantes tócoulle á Elena e, na aula dos astronautas a primeria casa que visitará será a de Carmen.
Gozádeo moito familias!!
BOA VIAXE MALETÍN ABN!!!!
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario