jueves, 13 de febrero de 2020

A VISITA DE UXÍA

Este luns tivemos a visita de Uxía, unha rapaza cunha dificultade visual importante e coa que aprendemos grandes cousas. Para comprender mellor a súa situación, preparou unha serie de actividades de sensibilización que os pequenos e pequenas levaron a cabo cos ollos vendados. A través do sentido do tacto, tocaron diferentes obxectos e texturas; uliron café, mel, laranxa, limón... e tamén probaron algúns alimentos, adiviñando enseguida de que se trataba.

Ademais, ensinounos o seu bastón, que é diferente aos que xa coñecemos, por varias razóns: porque é articulado e pode recollerse, de tal forma que recollido ocupa moi pouco espazo, e porque na punta ten unha rodiña que lle permite levar o bastón pegado ao chan, cara adiante, o cal lle axuda a  recoñecer e poder evitar os obstáculos do chan.

Moitas grazas, Uxía, por facernos entender a túa dificultade e por facernos disfrutar cos xogos que nos propuxeches.

Déixovos unhas fotos da nosa xornada.















































No hay comentarios:

Publicar un comentario