Falounos de moitas cousas, a primeira e máis importante é que a nosa cúpula de luz permitiu ao Stella Maris atracar no Pico das Bruxas e limpar a praia e o mar, mermando o poder de Morgana, a Bruxa dos mares.
Explicounos a importancia de facer a nosa Confraría e poñerlle un nome, pois imos necesitalo para ir á Festa da Illa, a final de curso. Nós contámoslle que somos os Mouchiños e que xa podemos poñerlle ese nome e pareceulle unha boa idea.
Fixo un xogo con nós, ao que chamou Un mar de Letras. A partir da inicial de cada neno e nena, falounos das MULLERES PODEROSAS que navegan no seu Galeón Dourado, o Stella Maris.
Tamén nos dixo que debíamos investigar e escribir sobre unha muller poderosa para crear entre todas as aulas do cole o noso propio Libro Violeta.
Como vedes, temos moito traballiño. Xa lle dixemos que agora estamos un pouco ocupados co Entroido, pero que en canto poidamos, poñémonos mans á obra.
Nós preguntámoslle se trouxera a súa Bola Máxica, porque o Mouchiño Xoel non estivo na primeira visita, e a Capitá prometeunos que se nos portamos ben, para a próxima visita vai a traela!!!!!!
Por último, bailamos a canción de Isótita todos xuntos.
Volve pronto, Capitá!!!!
Unha semana con moita visitas e moito trballo á vista¡¡😅
ResponderEliminarSiii, moito!!! E nós encantados!
ResponderEliminar