sábado, 29 de febrero de 2020

GOZANDO DO ENTROIDO

Ola familias!!! 

Aquí estamos para contarvos o ben que o pasamos nos últimos días celebrando o Entroido!! O noso primeiro entroido no Couceiro, cheo de moitísimas emocións!!!!

Comezamos cos mandadiños do esqueleto Manolo. O primeiro día fomos coñecelo e ao principio a algúns dábanos un pouquiño de medo, pero indo visitalo día a día para ver o seguinte mandadiño, xa nos fomos facendo amigos e pareceunos moi divertido! 







Chegou o gran día e con moita emoción percorremos as rúas de Pontedeume co noso disfraz de Elmer. Bailamos e desfrutamos cos postres típicos do Entroido que nos prepararon as familias!! 










Rematamos o entroido coa "Queima do Meco". Todo o alumnado do cole, no patio de primaria, presenciou a queima e puxemos fin así ao Entroido 2020. 







E entre tanta actividade...tivemos tempo a preparar uns graciosos antifaces, marcando a silueta da man e decorando libremente con gomets, plumas... 







Agardamos que vos gusten as fotos e gocedes véndoas, tanto coma nós gozamos do Entroido!!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario