jueves, 20 de febrero de 2020

VISITA DA CAPITÁ MARIANA

Entre os preparativos do tan ansiado entroido tivemos unha visita moi especial. Veu a vernos a Capitá Mariana!!!!
O primeiro que nos comunicou foi que as nosas palabras de luz conseguiran limpar os mares!! Vaia noticia tan boa!!!!!!
Despois propúxonos xogar a un xogo moi divertido, "Un mar de letras". Coas letras no mar, un a un teríamos que ir buscando a inicial do noso nome. Encántanos xogar co nome propio, xa o facemos moitas veces na aula e é realmente motivador.
Antes de marchar, a Capitá Mariana falounos das mulleres poderosas e encargounos buscar mulleres poderosas que formarán parte do Libro Violeta.
Non marchou sen antes cantar e bailar o rap de Illa Fantasía.

Ata pronto, Capitá, agardámoste con moita ilusión!!!!




























No hay comentarios:

Publicar un comentario