O Equipo de Educación Infantil do Couceiro volvemonos a poñer en contacto convosco para mandarvos todo o noso cariño pero sobre todo moita forza e moito ánimo.
Sabede que, aínda na distancia, non esquecemos aos vosos pequenos e pequenas e estamos a traballar para a volta e, para que desde este correo poidades ofrecer, as nenas e nenos, novos recursos e actividades que axuden a sobrelevar esta situación.
Ímosvos expoñer as nosas propostas para esta semana pero lembrade que a premisa principal xira entorno a actividades lúdicas que permitan desenvolver a imaxinación (manipulativamente) e o movemento físico.
1ª- Desde o cole invítasevos a compartir voluntariamente unha mostra (fotográfica ou en video de 10 segundos) de como se está a desenvolver a vosa corentena: desde xogos a exercicio físico, manualidades ou talleres de cociña... Coa mostra montarase un vídeo que se publicará na web do cole. A data límite para aportar as imaxes será o mércores 25.
O correo ao que podedes enviar as vosas vivencias é o seguinte ceipcouceiro@gmail.com
2ª- Atopamos un vídeo, que moi relacionado co P.D.I. de centro e coas actividades que estamos a desenvolver desde infantil, nos pode inspirar e axudarnos a modificar a nosa actitude diante das dificultades. Queremos compartilo por se queredes botarlle unha ollada.
3ª- Tendo en conta que desde as titorías de infantil levamos uns anos formándonos na metodoloxía ABN para a aprendizaxe da competencia matemática por parte do noso alumnado, queremos ofrecervos uns enlaces, feitos para estas circunstancias, por unha das mestras pioneiras nesta metodoloxía Mª del Mar Quirell.
Aquí atoparedes guia e recursos para, en moitos casos, lembrar os contidos traballados nas aulas.
4ª- Outras opcións que ofrecemos para facer máis levadeira esta estadía na casa ao noso alumnado, pero sempre supervisadas por vós familias, son as seguintes:
http://aulasgalegas.org/
http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos
/https://www.rtve.es/infantil/series/educlan-3-5-anos/
E ata aquí as nosas suxestións para esta semana. Lembrade que son suxestións!.
Entendemos e vivimos, tamén coma vós, esta situación e, aínda que nos poñeremos en comunicación con vos cada semana, estas aportacións non son "obriga" para ninguén.
A prioridade... COIDARSE MOITO!.
Biquiños superfortes para cada un dos nosos e das nosas "pequecouceiristas".
Querémosvos moito!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario