Ola familias!!!, Ola Sereas!, Ola Piratas!, Ola Astronautas!, Ola Elefantes!, Ola Mouchiños!, Ola Peixiños!:
Aquí estamos as vosas profes que non nos esquecemos de vós, por moitos días que esteamos separados. Como estades?. Imaxinámosvos moito máis altas e altos, axudando moito ás vosas familias nas tarefas da casa, xogando e tamén... aprendendo!. Acertamos?.
Pois nós, desde as nosas casas e con moito cariño, preparamos para esta semana unha serie de ideas que podedes ter en conta se vos vedes aburridos ou quizais esgotados!.
Comezamos logo:
PARA QUE AS NOSAS MANS FAGAN UN POUCO DE XIMNASIA... AQUÍ TEDES ONDE ESCOLLER!
Deseñamos unhas actividades moi chulas coas que o ides pasar moi ben e conseguir cousas fermosísimas.
Deseñamos unhas actividades moi chulas coas que o ides pasar moi ben e conseguir cousas fermosísimas.
E... QUE VOS PARECE IR Á CLASE DE MÚSICA?.
Empezamos escoitando, cantando e bailando o conto de... “O polo Pepe”!
Pero... ao polo Pepe o que máis lle gusta é pasear coma súa mamá escoitando os sons da natureza. Queredes escoitalos con el?
Que sensacións tivestes?. Foron fermosas?.
Sabedes... ao polo Pepe cando peteira no chan, ás veces, tamén se lle escapa comer algunha pedriña que outra. Coidado polo Pepe as pedras non se comen... que te podes atragantar!.
Aprende este xogo tan chulo chamado "Pica Piedra" polo Pepe!!
Aprende este xogo tan chulo chamado "Pica Piedra" polo Pepe!!
E para rematar, o polo Pepe quere que coñezamos a uns amigos superdivertidos. Preguntade a mamá e a papá se os coñecen. De seguro que si!. Son un gato e un rato. Pero... non sei se saberán que lles encanta interpretar a Marcha turca de Ludwig Van Beethoven. Escoitádeos!!.
EXPERIMENTANDO... TAMÉN APRENDEMOS MOITO!
E ademais con cousas que seguro tedes pola casa. Veredes como é... case maxia!
Experimentos by DAMARIS on Scribd
TO REMEMBER ENGLISH: TO SING, TO DANCE AND TO READ!
NON PODIAMOS ESQUECER UN POUCO DE DEPORTE, AÍNDA SEN XIMNASIO OU AULA DE PSICO!
Pero a nosa casa ten un longo corredor para "marchar" e un salón para "practicar". Preparado todo o mundo, listos, xa!.
UFF... TEMOS QUE IR REMATANDO!. QUE CANSOS IMOS XA!. DEBERIAMOS RELAXARNOS.
Pois alá imos. Mirade as propostas que aquí vos amosamos. Son para toda a familia.
E ATA AQUÍ AS NOSAS SUXESTIÓNS. VOLUNTARIAS COMA SEMPRE.
SINXELAS IDEAS PARA LEVAR A CABO NA CASA, SE CONSIDERADES QUE VOS PODEN AXUDAR A FACER MÁIS LEVADEIRA ESTA LONGA ESTADÍA FORZADA NO FOGAR, A CAL ÁS VECES, PODE FACER QUE AFLOREN SENTIMENTOS DE TRISTURA, MORRIÑA, ANSIEDADE, PREOCUPACIÓN... SENTIMENTOS DIFÍCILES DE CANALIZAR TANTO PARA OS ADULTOS COMO PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA.
E... PARA SENTIRNOS UN POUCO MÁIS PRETIÑO ENVIÁMOSVOS UN CORREO POR AULA, CREADO PARA A OCASIÓN, POR SE DESEXADES DE XEITO VOLUNTARIO COMPARTIR ALGUNHA MOSTRA DA MULTITUDE DE COUSAS QUE SEGURO ESTADES A FACER EN FAMILIA. (Posteriormente cada titora publicará na súa sección do blog todo o enviado).
ESTE CORREO TAMÉN VALE SIMPLEMENTE PARA MANDARNOS UNHA APERTA MÁIS PERSOAL.
PARA O QUE DESEXEDES... AQUÍ SEGUIMOS.
-3 ANOS A: sereascouceiro@gmail.com
-3 ANOS B: piratascouceiro@gmail.com
-4 ANOS A: astronautascouceiro@gmail.com
-4 ANOS B: elefantescouceiro@gmail.com
-5 ANOS A: mouchinoscouceiro@gmail.com
-5 ANOS B: peixinoscouceiro@gmail.com
UN DÍA MÁIS PERO TAMÉN... UN DÍA MENOS PARA A VOLTA. COIDÁDEVOS MOITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario