viernes, 13 de marzo de 2020

CORONAVIRUS

Diante das indicacións establecidas no día de onte pola Xunta de Galicia e que podedes consultar na páxina web do cole https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/  dende o equipo de educación infantil presentamos unha serie de suxerencias que podedes levar a cabo cos nenos e nenas nestes días de estancia prolongada na casa.

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS PARA NENOS E NENAS:


https://660919d3-b85b-43c3-a3ad-3de6a9d37099.filesusr.com/ugd/64c685_7a6ac671e5034323aaba0a6ed65494a6.pdf





SUXERENCIA DE ACTIVIDADES:

LECTO-ESCRITURA: 


- Fomentar a escritura, escribindo títulos de contos, nomes da familia, nome dos amigos e amigas da clase.

- Facer letras con plastilina, pasta de modelar, ou con calquera outro tipo de material que se vos ocorra.
- Cando fagan debuxos que escriban o debuxado ou algunha palabra do mesmo.
- Aproveitade para ler contos e facer preguntas de comprensión sobre eles.
- Dicir por que letra empeza ou remata cada palabra.
- Xogos orais: palabras encadeadas, palabras que empezan por unha determinada letra, nomes de animais, plantas,...
- Conversar a cerca dos intereses dos nenos e nenas, fomentando a argumentación, pensamento crítico,... e as normas de diálogo.


LÓXICA-MATEMÁTICA:


- Calqueira cousa que se pode contar, pódese contar: culleradas de sopa, pratos que precisamos na mesa,...

- Realización de puzzles, construccións,...
- Identificación e escritura de números coñecidos, relacionándoos con cantidades.
- Xogos de mesa: baralla, oca, parchis, dominó,...


VIDA DIARIA:


- Espirse e vestirse só, reforzando a súa autonomía.

- Axudar nas tarefas da casa: poñer a mesa, recoller os xoguetes, facer a cama, dobrar a roupa,...
- Facer unha receita, colaborando na súa elaboración.


CREATIVIDADE:


- Rasgado, recortar e pegado de fotografías e letras de revistas, xornais,... facendo collage.

- Traballado con folletos de supermercado: clasificación de alimentos, colocación de prezos, nomes,...
- Realización de debuxos, estampacións con diferentes materiais, manualidades de reciclaxe, composicións artísticas con pegado de diferentes materiais: lentellas, fabas, arroz, pasta, fariña,...
- Elaboración de instrumentos musicais ou xoguetes.
- Escoitar cancións e plasmar plasticamente o que nos transmite.


INFORMÁTICA:


- No seguinte enlace:   http://infocouceiro.blogspot.com/   podedes atopar diversos xogos educativos para que os vosos nenos e nenas poidan practicar.




Realizade todas estas actividades do xeito máis lúdico posible e gozando en familia. Lembrade igualmente as suxerencias transmitidas por cada titora nas entrevistas que adoitades ter con elas.

Se alguén desexa sacar algunha fotografía, gardar algunhas das producións feitas e amosárnolas á volta, estaremos encantadas de recibilas para compartir na aula.




Nota: LEMBRADE QUE A SAÚDE É A MÁXIMA PRIORIDADE.

1 comentario:

  1. Muchísimas gracias por esto! Estos dias seran más llevaderos con estos consejos! Esperamos veros pronto

    ResponderEliminar