OLA FAMILIAS!
Unha semana máis saudámosvos desexando vos atopedes gozando de boa saúde e coa ilusión de vernos moi pronto.
Nesta ocasión estamos nunha semana de conmemoracións pois o día 22 celébrase o "Día da Terra" e o día 23 o "Día do Libro".
Desde aquí queremos facer referencia a estas dúas datas cunhas propostas moi sinxelas que esperamos vos gusten.
DÍA DA TERRA.
Neste día lembramos a nosa responsabilidade cara á protección e coidado do planeta no que vivimos, a Terra.
De seguro que todos lembrades á Capitana Mariana animándonos a coidar os nosos mares e a reciclar. Verdade?.
Pois mirade... que curioso! porque nesta situación na que nos atopamos, resgardadiños nas nosas casas, o noso planeta terra, dalgún xeito, estase a REXENERAR.
Pensade senón na cantidade de contaminación que se está a evitar ao non poder usares o coche ou ao pechares temporalmente algúnhas fábricas.
Se ben, para a nosa vida diaria e a nosa supervivencia ámbalas dúas cousas son imprescindibles, tamén debemos poñer toda a nosa intelixencia en facer que os avances non prexudiquen ao planeta porque del... conseguímolo todo! e de nós depende, seguires gozando de todo o que nos ofrece e necesitamos.
Desde a nosa visión de nenas e nenos queremos repasar e ensinarvos como coidamos a nosa Terra tendo en conta pequenas cousiñas que, no cole, lembramos todos os días:
- Non emporques o chan!: tira o que non che valla nas papeleiras e recolle o que vexas fóra de sitio.
- Pecha a billa!: cando laves as mans ou os dentes, non deixes a auga correr.
E agora...pasade un rato divertido e aprendendo moito con estes vídeos:
Coa axuda de mamá e papá tamén podedes realizar os seguintes xogos. Animádesvos?.
https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/educa-en-eco/recursos-educativos-de-reciclaje
Agora... en familia ollade este documento e lembrade!
https://www.ecoembes.com/es/ciudadanos/educa-en-eco/recursos-educativos-de-reciclaje
Guia Sin Contenedor Residuo... by DAMARIS on Scribd
Para animar estes días... escoitade que nos ofrecen:
DÍA DO LIBRO
Seguro que estes días estades a ver, ler ou escoitar moitos contos. Contados polos vosos papás e mamás, lidos por vós na tablet, no ordenador ou en papel. Porque podemos atopar libros en moitos lugares!.
Pois Güino, non se esquece de vós e está desexando vervos así que para festexar o día do libro ten a seguinte proposta:
"Facer un momento especial no noso tempo de lectura: FOTOGRAFÁDEVOS LENDO e enviade a foto a Güino para que despois el faga unha videomontaxe con todas as fotos das nenas e nenos do Couceiro".
Para facer fotos ben orixinais botádelle imaxinación:
- Podedes estar sós ou lendo en familia.
- Escollemos o libro que máis nos gusta, o máis novo, o que estamos a ler estes días...
- Buscamos un lugar, no noso cuarto, no sofá, na ventá, no campo...
- Facemos unha construcción con todos os nosos libros e lemos ao seu carón.
Calquera lugar é válido para unha boa lectura!.
O día 24 Güino quere empezar a montaxe así que... ímos aló!. Enviade as vosas fotos ao correo de Güino.
bibliocouceiro@gmail.com
Pronto nos veremos todos compartindo as nosas lecturas e festexando o DÍA DO LIBRO.
E se queredes contarnos cal é o libro que estades a ler, podedes descargar ou elaborar unha plantiña parecida a esta, facer unha foto da mesma e mandala ao correo da vosa aula.
Lembrámosvos os correos:
E se queredes contarnos cal é o libro que estades a ler, podedes descargar ou elaborar unha plantiña parecida a esta, facer unha foto da mesma e mandala ao correo da vosa aula.
Lembrámosvos os correos:
-3 ANOS A: sereascouceiro@gmail.com
-3 ANOS B: piratascouceiro@gmail.com
-4 ANOS A: astronautascouceiro@gmail.com
-4 ANOS B: elefantescouceiro@gmail.com
-5 ANOS A: mouchinoscouceiro@gmail.com
-5 ANOS B: peixinoscouceiro@gmail.com
Do Libro by DAMARIS on Scribd
Biquiños moi fortes e boa semana Sereas, Piratas, Astronautas, Elefantes, Mouchos e Peixiños!!
LEMBRADE OLLAR OS BLOGS LATERAIS PORQUE SEGURO QUE ENCONTRAREDES NOVIDADES!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario