Que tal familias?. Que tal estades pequenos e pequenas?. De seguro que xa pegáchedes un estirón!.
Onte fixo un mes que tivemos que abandoar as nosas aulas. Ese espazo de encontro e aprendizaxe no que todas e todos aprendemos a coñecernos e a coñecer o mundo.
Desde aquela, estamos a aprender a importancia da vida, aproveitando ao máximo da compaña da nosa familia, aprendendo a coñecernos e a coñecer o mundo, sen saír da casa!. Esta experiencia faranos máis fortes, máis responsables e mellores persoas.
As titoras de infantil e o resto do equipo desta etapa botámosvos moito de menos e non deixamos de pensar en vós porque... comezamos o 3º trimestre!.
A nosa proposta desta semana ten un... AIRE FESTEIRO (podemos imaxinar aínda algún Ovo de Pascua por aí ou quizais algún Coelliño).
Porque o noso signo, e máis agora que nunca, será sempre UN SORRISO DE LEDICIA!. E... imos con el, a por máis:
Comezamos hoxe propoñéndovos un:
TALLER DE PAPIROFLEXIA.
Elefantes e Astronautas... lembrades cando fixemos o noso barquiño de papel para ir ás Illas Cíes?. Pois aquí estamos cunhas propostas moi sinxeliñas para que todos, coa axuda de mamá e papá, aprendades a facer cousas fermosísimas con papel.
E despois deste traballo de concentración imos á clase de música, parécevos?
EMPEZOU A PRIMAVERA!
Que fermosa esta composición de Vivaldi verdade?. Pois agora invitámosvos a recoñecer que animais soan na natureza. Estade moi atentos e atentas!.
Rematamos a sesión de hoxe con un conto e a súa cantiga. E como estamos a falar de animais... Érase que se era... unha toupiña moi estrañada porque...
E seguidiño seguidiño imos... facer o ximnasio na casa!. Pero antes preguntade a papá ou mamá que lugar da casa ides usar como ximnasio.
A MOVERSE XA!
A primeira proposta e xogar Un partido de globos: pide axuda a tua familia para inchar os globos e aproveita os marcos das portas como
porterías.
De seguido: transforma un espazo do corredor nunha xigante tea de
araña con cinta ou fío que cruce de parede a parede. Tes que
atravesala sen tocala.
E finalmente: danza con este animais.
(Miña naiciña que fame me entrou de súpeto!!. Non é de estrañar logo de tanto moverme. Quero comer!!!. Algo saudable que me axude a repoñer forzas).
Non vos preocupedes... mirade que proposta máis saborosa temos para toda a familia.
BO PROVEITO!
Ummm!! que riquísimo estaba todo e menuda pila de vitaminas que levamos no noso corpo.
Agora... poderemos ir ao teatro?. Pois... imos aló!
FACEMOS O NOSO TEATRO NA CASA.
Vaia xornada máis completa e cantas ideas podemos levar a cabo na nosa casa e coa nosa familia.
Agora chega o momento de celebralo por todo o alto!. E que mellor maneira de remartamos a festa que con baile!.
A MOVER O ESQUELETE!
Unha canción
para toda a familia, para os peques e para que os maiores lembremos outros tempos.
E agora un clásico infantil!
Un pouco de "marchiña"!
E batukada tamén!
Oh, zumba!
E para finalizar...
SEGUIMOS RESISTINDO!.
Moitíííííííísimo ánimo nenos, nenas, familias!
Sodes uns valentes!
VÉMONOS EN POUCO!.
ATENCIÓN!!:
NA BARRA LATERAL ESQUERDA DO NOSO BLOG TEDES ENLACE AOS BLOGS DO CENTRO E DAS DIFERENTES DISCIPLINAS QUE SE TRABALLAN EN INFANTIL.
ESTÁN ACTUALIZADOS PARA ENRIQUECER, CON DIFERENTES APORTACIÓNS, ESTES DÍAS.
BOTÁDELLES UNHA OLLADA!
ATENCIÓN!!:
NA BARRA LATERAL ESQUERDA DO NOSO BLOG TEDES ENLACE AOS BLOGS DO CENTRO E DAS DIFERENTES DISCIPLINAS QUE SE TRABALLAN EN INFANTIL.
ESTÁN ACTUALIZADOS PARA ENRIQUECER, CON DIFERENTES APORTACIÓNS, ESTES DÍAS.
BOTÁDELLES UNHA OLLADA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario