sábado, 23 de mayo de 2020

ASTRONAUTAS NO... "DÍA DA FAMILIA"!

FAMILIAS!!!!. COMO SEGUEN ESES MEUS PEQUENOS E PEQUENAS ASTRONAUTAS?. 
(que non me escoiten que igual se me enfadan polo de "pequenos e pequenas", je, je!!)

Unha semana máis e logo de tantas... DARVOS OS PARABÉNS por todo o que estades a traballar con estas MOZAS E MOZOS. É estupendo velos a gozar tanto coas actividades e sobre todo na vosa compaña!. 
SABEDE QUE CALQUERA COUSA QUE ELES E ELAS FAGAN CONVOSCO, É DICIR, COMPARTIDA, VAI SER DOBREMENTE DISFRUTADA E PERMANECERÁ NA SÚA MENTE POR SEMPRE. 

Pois... como a min me emociona ver cada unha das vosas aportacións, de seguro que a vós tamén vos presta ollar aos compis e todo o que fan. 
É moi bonito ver cantas cousas facedes pero... a foto "chega máis ao corazón" si "se vos vé a vós facendo as propostas" porque... así a profe comproba como medrades cada pouco e o guapísimas e guapísimos que estades. 

IMOS POIS COA SEMANA DA FAMILIA!

Aquí temos a SERGIO decorando a palabra FAMILIA, (está concentradísimo) e de seguro que ao rematar esas letras parecerían... diamantes!. 

SOFÍA escribíunos aquí que a palabra FAMILIA fíxoa... con cunchas. Vede que chulo o resultado!.

Aquí chega HÉCTOR desde a súa casiña de coxíns (con composición de palabras incluída), traballando minuciosamente nese experimento do arco da vella e coa súa palabra FAMILIA realizada con materiais... de "andar por casa". Fenomenal!




E este deseño tan bonito de torre de coxíns é... de SABELA!. Tamén nos compuxo a palabra FAMILIA con materiais moi orixinais. Mirade, mirade!.




















Aquí temos tamén a XAN que nos envía un "poupurri" de todas as propostas que foi facendo, "ao seu ritmo"... como ten que ser!.

Lembrade que motivar aos nosos pequenos é moi importante para que emprendan calquera tarefa e sobre todo transmitirlle o que buscamos coa realización das mesmas. Non é "facer por facer", todo ten un "por que" que os nenos deben coñecer. 
Deste xeito o seu interese medrará e poñerán todo o seu potencial na súa realización.

O primeiro... saudar!


Despois... compartimos os traballiños.




E agora Xan explícanos como realizou o seu experimento.


CARMEN tamén nos amosa como celebrou esta semana da familia. Mirade que orixinal eses pés traballando xuntos!

 
Agora tócalle o turno a MANUEL. Moi ben construída esa torre de coxíns!, metro en man e papel para tomar nota, na mellor das compañas... PAPI. Así se fai!.






Mirade quen aparece por aquí!. ALOIA amósanos as súas creacións desta semana. A mín... escintiléanme os ollos con tanta purpurina!. E a vós?. Brillante, brillante!!.























Aí vou, aí vou!. Son JUAN. Non Juan... non me esquezo de tí!. Ademáis... tes unhas propostas chulísimas para ensinarnos. Empezamos por este vídeo practicando o "sopro". Estupendo para exercitar todos os elementos da boca e pronunciar... cada vez mellor!.


E aquí coas actividades realizadas...






















MOITOS, MOITÍÍÍÍÍSIMOS ...
FAMILIAS!. 

FIXÉCHEDELO XENIAL!

ATA A VINDEIRA SEMANA!. 
SEGUIDE COIDÁNDOVOS MOITO PORFI!.

MIL BICOS DA VOSA PROFE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario