E OS PIRATAS... SEGUIDES POR AÍ?
ESPERO QUE OS ASTRONAUTAS NON MARCHARADES Á LÚA?
ELEFANTES!!. ESTADES PRETIÑO?
E OS MOUCHOS? NON QUEDARIADES DURMIDOS LOGO DESTA NOITE?
PEIXÍÑOOOOOS!!. ESPERADE QUE QUEREMOS DARNOS UN BAÑO CON VÓS!
Estamos xa na última semana de maio! e... vouvos contar unha cousiña:
Sabedes de que lugar estou a falar?.
De seguro que sí porque nese lugar, hai un fermoso castelo ao que subides, gabeades e desde o que vos lanzades por un tobogán... en espiral!.
Tamén hai bambáns, un tren de madeira, balancíns e seica me contou un paxariño que alí está "a árbore da Bruxa" cunhas longas melenas!".
Alí sodes felices e compartides xogos cos amigos e amigas e seguro que... ata merendas!".
Coma neste curso non poderemos compartir esta xornada de xogos xuntos, por ter que esperar a que o coronavirus marche xa para sempre, as vosas profes: Estefi, María, Dámaris, Lidia, Mª José e Carlota queremos convidarvos a gozar cos amigos e coa familia dunha semana de xogos.
Pero sabedes o que buscamos as profes con eles, ademais de que o pasedes estupendamente?. Pois que sexades os mellores poñendo a funcionar todas as partes do voso corpo, desde a cabeza ata a punta dos pés.
Presentámosvos xogos para facer na casa ou no campo. Elixide o lugar e... a divertirse!!.
LUNS 25
MARTES 26
MÉRCORES 27
XOVES 28
VENRES 29
As vosas mestras desexamos que con estas propostas pasedes unha semana divertida. Lembrade que podedes seguir enviando as vosas vivencias aos correos de aula.
Fainos moita ilusion vervos, aínda que sexa só en foto!.
Lembrade, coma cada semana, que os blogs das disciplinas que traballamos en infantil seguen a presentar novas propostas (ollade sobre todo, por relacionarse con esta entrada, o blog de psicomotricidade e o blog de orientación).
APERTAS MOI FORTES E NON ESQUEZADES QUE... VOS QUEREMOS UN MONTÓN!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario