sábado, 9 de mayo de 2020

CELEBRAMOS OS MAIOS, APRENDEMOS COA NATUREZA E OUTRAS ACTIVIDADES DOS ELEFANTES.


Ola elefantes!!! Como estades???

Contaronme uns paxariños que estábades a traballar moitísimo e a realizar algunhas das propostas que vos poñemos no blog
.


 Sigo recibindo un montón de fotos vosas, que queredes compartir con todos, sobre as actividades que estades a realizar na casa. Nesta ocasión, aquí temos a OLI que está traballando moitísimo: facendo experimentos, sesións de manicura e disfraces, xogando co seu irmán e con mami, facendo equilibrio coas culleres na boca (sen máns). 






Coa chegada do mes de Maio e co bo tempo, comezamos celebrando os Maios e moi relacionado coa natureza, seguiremos coa horta: DAVID fixo unha mandala chulísima  no recuncho da arte puido recortar unhas patacas e tomates riquísimos; Que ben escribiches os nomes!!!






LÚA  e a súa irmá tamén quixeron ser partícipes da celebración dos Maios e, con todo o cariño do mundo construiron este maio fermosisimo!!





















MAIO tamén está a desfrutar da natureza e fixo un maio chulísimo co seu irmán Simón. Encántame ver como traballades así de ben cos vosos irmáns.









Ademáis, Maio tamén ten horta e quere compartir con nós unha receta saborosísima e que nos vai dar moita enerxía como a Popeye!!! Moi atentos:


Para seguir a receta paso a paso e poder realizala vos na vosa casa, podedes ver o tutorial que nos enviou este pequeno chef que fai como Balbina: " da horta á cociña".







Encantáronme todos os traballiños que fixéchedes, coma sempre son fermosísimos e aínda máis cando lle poñedes toda a ilusión e cariño que solo vós sabedes poñer.  
Mándovos mil e unha apertas para cada un de vos e anímovos a seguir con esas ganas, ilusión e sorriso que tendes.







1 comentario:

  1. Vaia arrecendo que me ven desas acelgas Maio!. Xa vexo que co ben que te alimentas estás medrando un montón e o importante... san e forte. A min tamén me gustan moito as acelgas.
    Noraboa por todas esas actividades tan chulas Elefantes!.
    É que temos unhas nenas e nenos SUPERMEGAESTUPENDOS!. Va que si, profe Lidia?.

    ResponderEliminar