Logo das peticións recibidas por algunhas de vós sobre o interese por completar as propostas semanais con "traballiños coma os da clase", desde as titorías da profe Lidia e da profe Dámaris, mandámosvos estes traballiños.
Seguen a ser "propostas" para diversificar a demanda de actividades. Este tipo de "suxestións" publicaránse polo medio de semana para dar prioridade á entrada principal de etapa que se publica sempre os luns.
Unha vez realizadas tamén as podedes remitir ao correo da vosa aula.
Desexamos que con elas aprendades moito, reforcedes coñecementos e lembredes un pouquiño a clase, os compis, o cole e tamén... á profe.
Mil bicos para os Astronautas e os Elefantes!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario