domingo, 3 de mayo de 2020

OS MAIOS DOS PIRATAS.



Ola piratas.  

Xa chegou o mes de maio e con él a súa celebración.
Sabemos que na casa estades a facer moitas actividades que vos preparamos as profes e os profes e tamén moitas outras coa axuda das vosas familias.
A semana pasada celebrábamos a chegada do mes das flores e os vosos compis queren compartir con vos estos traballiños que fixeron nestos días.


A vosa compi decidiu elaborar unha diadema verde decorada cunha flor máis escura na zona central.

A seguinte é unha achega dun compañeiro que nos ensina como fixo a súa viseira. Recordades cando fixemos o noso mural do inverno e facíamos boliñas co algodón? Pois mirade cantas boliñas fixo para crear a silueta  das flores da súa viseira florida.




      

Outras achegas foron as seguintes viseiras con moitas cores.


                                                  
                                                                                                   
Daniela, coa axuda do seu irmá e da súa familia fixeron este maio tan orixinal.




 Adiviñades qué pode ser esta construcción tan elaborada? Unha pista…. 
A estructura está cuberta de follas, o tellado, o balcón e a porta están decorados con pétalos de flores… ten varias alturas… e… ata ten unha campá e un reloxo! Non lle falta detalle.









Xabier e a súa irmá tamén estiveron moi atareados facendo o seu maio, canto traballaron!!
Para facelo, empregaron materiais que tiñan pola casa e a súa imaxinación,  mirade que orixinal lles quedou. 

Sabedes esas caixas de madeira nas que as veces veñen as fresas? Pois con esa caixa fixeron a base do seu maio e para poder portealo unironlle unha vara que tiñan aguantando unha pranta, a que foi unha boa idea?
Como soporte das camelias e rosas que trouxeron da horta dos seus avós, utilizaron rolos de papel hixiénico cubertos de cartolina.
Fixadevos o fermoso que lles quedou o centro do maio cos restos dunha escoba dun disfraz de bruxa, unha tea dunha mochila e unha diadema de flores dun disfraz da feira medieval.
Pero, mirade que adorno lle puxeron enriba....que será?  
Pois é un poliño saíndo dun ovo, sacado dun adorno que decoraba unha orquídea.  E falando de adornos.. tamén lle engadiron polas beiras unhas plumas de cores. Aquí tendes este fermoso maio cos seus dous porteadores. 



Parabéns a todas e a todos polo voso traballo e esforzo realizado nestos días, tanto aos piratas como as súas familias.

Moito ánimo a tod@s.

🌈Bicos e apertas.🌈
Quérovos moito piratas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario