lunes, 4 de mayo de 2020

A NATUREZA... SEMPRE VIVA!. IMOS Á HORTA?

BO DÍA NENAS!, BO DÍA NENOS!. QUE TAL TODO?. 

As vosas profes desexamos que esteades moi sans e fortes, ao igual que as vosas familias. 

Imaxinade canto pensamos en vós que... para seguir pretiño da natureza empezada a traballar con "Os maios" e animarvos a seguir loitando contra o coronavirus, hoxe presentámosvos unha proposta dirixida a... ALIMENTARNOS BEN!

Pero antes temos que coñecer cales son os alimentos que nos dan máis vitaminas e por tanto máis defensas... diante de calquera virus.
Atrevédesvos a adiviñar de que alimentos falamos???.

Pois dos que se dan.... NA HORTA!!!
A TODOS ELES ÍMOSLLES CHAMAR, HORTALIZAS.

Ollade este vídeo! e mirade a vitalidade da profe Lidia. É xenial!. O mesmo que a súa horta.


Gustouvos?. De seguro que si. Ademais con ese ritmo da cantiga que o acompaña... vaia paseo máis estupendo!.

Pero esto non remata aquí. Non, non!.

Presentámovos un POWER POINT INTERACTIVO para aprender máis cousiñas sobre algunhas das hortalizas que se poden atopar na horta. Para poder gozar del seguide estes pasos:

1º) Clica no símbolo de converter a pantalla en completa (só se desexa velo en tamaño máis grande).

2º) Clica enriba das diferentes hortalizas que se presentan (en cada diapositiva escoitase a explicación, sen necesidade de ter que ler todo o que aparece escrito. Despois tés un símbolo de audio que deberás clicar ao remate da explicación automática) e, unha vez remata toda a información sobre ela e a actividade proposta, volve clicar na frecha que aparece na esquina inferior dereita para voltar ao menú principal.

3º) Segue ata rematar de ver todas as diapositivas e...


A APRENDER MOITO!!





Que divertido non si?. Va que aprendíchedes moito?. 

Agora propoñémosvos unha serie de actividades para seguir aprendendo, reforzando o que xa sabedes. Son moi parecidas ás que facemos na aula. Gozádeas en familia pequerrechos!.

PIRATAS E SEREAS (3 ANOS)





ASTRONAUTAS E ELEFANTES (4 ANOS).


MOUCHOS E PEIXIÑOS (5 ANOS).







DESEXAMOS QUE APRENDESEDES MOITO E VOS GUSTASEN AS PROPOSTAS DESTA SEMANA.
NON ESQUEZADES QUE SEGUIMOS ESPERANDO OS VOSOS TRABALLIÑOS NOS CORREOS DE AULA.

E para rematar... "A horta de Balbina".

APERTAS MOI FORTES!! 



NOS BLOGS DAS DIFERENTES DISCIPLINAS DE INFANTIL TEDES PROPOSTAS MOI INTERESANTES. CONSULTÁDEAS NO LATERAL ESQUERDO. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario