OLA DE NOVO ELEFANTES E ASTRONAUTAS!.
Sabedes?. Ata poderedes ensinarlle a mamá e papá o ben que aprendedes no cole!.
Aínda que para empezar van ser eles os que teñan que manexar o ordenador, como facemos as profes no cole.
Preparados listos... XA!!
Lembrades como xogabamos no cole a adiviñar cun simple vistazo o número de cousas que había nunha foto ou tarxeta?. Este xogo tan divertido chámase SUBITIZAR.
As vosas profes botamos moito de menos adicar un tempiño a este xogo polo que decidimos facervos un, para que poidades practicar en familia. Para xogar tedes que:
- Clicar na pestana de ampliar para poder visualizalo en pantalla completa.
- A primeira diapositiva que vemos é a portada na que nos indica os números que traballamos nela,(1-2-3-4-5-6).Recordade que nunca pode haber un debuxo que teña máis obxetos ca 6 nin menos ca 1.
- NON SE PODE RETROCEDER, así que... papis e mamis, moi atentos vós tamén para poder correxilos. O que si se pode, unha vez feito o xogo, é volver a velo para comprobar as respostas dos nenos e nenas ou retroceder manualmente clicando na pestana que indica o número de diapositiva é cliclar no número anterior ao que vos atopedes.
Na segunda actividade que vos presentamos trátase de lembrar os números practicados na clase: a PRIMEIRA DECENA e o PANEL ATA O 30.
Son seis propostas para lembrar, practicar, resolver, aprender e... xogar en familia!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario