Que tal estades? Agardamos que sigades ben e que esteades disfrutando moito destes días de sol!
As titoras de 5 preparamos un pequeno ficheiro con actividades de matemáticas, por se vos apetece traballar un pouquiño na casa.
Lembrade:
-As tarefas non son obrigatorias.
-Facédeas con calma e con paciencia, lembrade que están aprendendo. Ás veces non saen ben á primeira, pero non pasa nada.
-Para facer as sumas é importante sempre empregar obxectos que poidan manipular, palillos, bonecos, os dedos, cunchas da praia...calquera cousa que sirva para contar.
-Nas fichas de completar números, ou escribir o que vai antes ou despois, tamén é importante que teñan unha táboa do 100 diante (se buscades en internet xa vos aparece).
-Se tedes algunha dúbida, xa sabedes que podedes escribirnos.
Unha aperta enorme de Carlota e María José
Querémosvos moito
No hay comentarios:
Publicar un comentario